viernes, 12 de abril de 2013

ARTES DE CERCO


A modalidade de pesca de cerco emprégase na captura de especies
mariñas peláxicas como sardiña, xurelo, boquerón, arenque, túnidos e
ocasionalmente robalizas e sargos.
Como o seu nome indica a captura realízase rodeando ou cercando
ós cardumes de peixe e pechando a arte pola parte inferior, dando lugar
a formación dun embolsamento onde o peixe queda retido.





ARTES DE ARRASTRE


En termos xerais as artes de arrastre por definición son aparellos remolcados feitos de forma cónica, unido na parte de atrás por un cope pechado onde queda retido o peixe capturado, e prolongado cara diante na súa apertura por alas máis ou menos largas.
Estas artes poden ser remolcadas por unha embarcación (artes de
pértega ou artes de portas) ou por dúas embarcacións (artes de parella).



ARTES DE ENMALLE


As artes de enmalle son aquelas que se calan verticalmente  formando unha parede que obstaculiza o paso das especies mariñas, quedando estas embolsadas ou atrapadas nas mallas das redes o intentar atravesalas.
Estas artes están compostas de dúas trallas ou relingas, unha superior provista de flotadores e outra inferior convenientemente lastrada
con chumbos, podendo esta estar apoiada no fondo ou non segundo a
especie que se pretenda capturar.
Estas artes poden ser fixas ou de deriva, as fixas están suxeitas o
fondo por medio de rizóns ou pedras, e as de deriva só están suxeitas a
embarcación.

-ARTES DE ENMALLE FIXA

• Rascos
• Volantas
• Betas
• Trasmallos



Rascos
Arte dun sópano de rede que dependendo do tipo de especie a cal vai destinada, o panode rede pode ser de fío de nailon ou de tanza.
O pano con fío de nailon emprégase para a captura de boi, lagosta, centola etc. E o pano con fío de tanza para captura de peixes.
Esta arte tamén recibe o nome de raeira, rascas e rasquiños
podes velo aquí :http://www.maestropescador.com/Arte_pesca/lasartesdepesca/RASCO.html


Volanta
Arte fixo dunsó pano de redeque se cala nofondo, e quedependendo do
tamaño da malla esta pode capturar pescada, sarda, xurelo, pancha etc.
Segundo o número de pezas de que estea composta, esta arte pode chegar a medir ata 8 km de lonxitude ou máis.
En pesca de altura emprégase tamén como arte de deriva

Beta

Arte de fondo fixo e de similares características cá volanta, pero de dimensións máis pequena, segundo a zona onde sexa calada e a data do ano; emprégase na captura de fanecas, meiga, sargos pescada,abadexo, raia etc. É dun só pano de rede montado moi frouxo para que forme ondulacións co fin de que os peixes enmallen mellor.




Trasmallo
Este tipo dearte esta formadapor tres panos drede de cor vermella para oseu mellor camuflaxe entre as pedras, os panos exteriores son de mallas grandes e o interior de malla máis pequena, van armados en conxunto sobre dúas trallas, a superior ou de cortizos e a inferior ou de chumbos.
É un arte fixa de fondo que se cala rodeando as rochas e entre algas, en profundidades que van desde os 2 metros ata os 30 metros.

As especies que se capturan con este arte son moi variadas; unha
das especies que máis se pescan cos trasmallos son os serretes ou
vellos ademais de centolas, bois , nécoras, polbo. maragotas, pintos,
xurelos, raias etc.
O trasmallo é unha arte na que pode quedar atrapada todo tipo de
especies, polo tanto non é en absoluto selectiva.





Miño

O miño é un arte semellante o trasmallo, coa diferencia de que a lonxitude é menor e o fío empregado na súa construcción é máis resistente así como as mallas e altura do mesmo que son máis grandes. Cálase en fondos limpos e a máis profundidade que o trasmallo, é máis eficaz na captura de peixes planos e marisco.


-ARTES DE ENMALLE DE DERIVA

Xeito
Arte de deriva formada porun só pano de redemontado como as artes anteriores sobre dúas trallas(cortizos e chumbos),emprégase na captura de boquerón sardiña xurelo e trancho.Este arte cálase na superficie ou a profundidade variable, estando suxeita por un extremo a embarcación e polo outro a unha boia,quedando todo o conxunto a deriva.













OUTRAS ARTES


Mediomundo

Arte en desuso,empregada para a captura depións, fanecas, xurelos
cancrexos etc, previo engado da mesma.




Trueiro

Esta formado por un aro metálico o que se lle engade un cope de rede e unha varade lonxitude axeitada para manexalo.
Emprégase na captura do camarón, choco e ourizo.


Espello ou mirafondos

Consta dunha caixa de madeira sen bases, na que unha delas vai
provista dun cristal. Ó colocalo sobre a superficie da auga permite unha
visión clara do fondo ata uns 3 metros aproximadamente. Emprégase na
captura da centola e ourizo.






Bicheiro

É un instrumento de material metálico que segundo a especie que
se pretenda capturar, este adopta varias formas, sendo a forma máis
xeneralizada a que acaba en punta de media frecha; esta provisto dun
mango de lonxitude axeitada segundo a profundidade a que se traballe.
Utilízase enganchando ou ensartando a arte no corpo do animal que se
vai a capturar.

Úsanse a pé ou dende unha pequena embarcación para capturar especies que viven nas fendas (polbos,ourizos..).


Francada

Arte empregada para a pescade peixes planos como o linguado,rodaballo e tamén chocos, anguíasetc. É un arte sinxela e utilízase da mesma maneira que o bicheiro.





Femieiro



Nome querecibe esta modalidade de pesca, a cal consiste en atar varias femias de xiba vivas a un extremo dunha sedela pola parte traseira e lanzalas a auga, atando o outro extremo a unha vara que leva atravesada por encima da borda  a embarcación.


As femias unha vez no fondo fan de reclamo dos machos, estes se
ven atraídos por elas con animo de aparearse, cando se en contran cerca da femia, o pescador por medio dun bicheiro ou do trueiro captura o macho.



En esta modalidade de pesca, o pescador ten que facer uso do espello para poder ver o fondo e manexar axeitadamente o bicheiro ou o trueiro.






miércoles, 10 de abril de 2013

NASAS


As nasas son artes de fondo (trampas) que se empregan para a
captura de peixes e crustáceos, poden ser feitas de madeira, vime ou
metal e recubertas de rede.
Están provistas dunha, ou máis aberturas ou bocas, estas son de
forma de funil co fin de favorece-la entrada e dificulta-la saída, sendo a
boca máis pequena a que da ó interior da nasa. Ademais destas
aberturas levan outra que sempre esta pechada e ábrese soamente para
quita-los peixes ou crustáceos que entraron na nasa.


DIFERENTES TIPOS DE NASAS

-Nasa da nécora
Segundo sexa a aberturada boca e o tamaño deste tipo de nasa, emprégase para a capturada nécora, polbo, lumbrigantes, lagosta, centola e ata incluso
camarón.


Nasa do camarón
Como o seu nome indica emprégase para a captura do camarón, e tamén para a nécora,o lastre neste tipo de nasa vai colocado no interior o lado da entrada, o que fai que esta quede deitada no fondo cando e largada o mar.
Nasa da lagosta
Captura lagosta e tamén é empregada para a captura do choco, o que para chamar a atencióndeste cefalópodo se introducen ramas dentro da nasa quel le serven de refuxio a especie.
As ramas levan adheridas millares, que unha vez utilizadas deben
ser devoltas ó mar.



Nasa do polbo aberta
O polbo soe agocharse dentro de calquera escondite que encontra, e se esta cebado con algún tipo de peixe moito mellor, iso soea contecer con esta nasa, á cal dótase con un cebo de reclamo.
Os pescadores non soen empregar este tipo de nasa porque cando comezan a tirar do cabo para iza-las a bordo o polbo escapa, só algún despistado é capturado.




Nasa fanequeira
É unha nasa de dimensións considerable, e non só captura fanecas senon tamén unha ampla variedade de outros peixes. Lárganse ó mar en zonas de rochas onde soe haber faneca.





ARTES DE TRACCIÓN MECÁNICA


As artes remolcadas e autorizadas en Galicia para o emprego do marisqueo son:

• Rastro da vieira.

• Rastro da navalla.

• Endeño remolcado
.
• Rastro de camarón.

Este tipo de artes empréganse en augas máis profundas que as de
tracción manual, denomínanse remolcados porque, debido o seu deseño,
peso e tamaño son remolcadas pola embarcación, polo tanto a súa
tracción é mecánica.


Rastro da vieira
Como o seu nome indica emprégase na captura da vieira, e tamén na da
zamburiña, volandeira e ostra;é remolcada polaembarcación arrastrándoa polo fondo removendo o substrato coa ringleira de dentes que esta posúe e levantando así a posibles vieiras eostras que encontre o seu paso, as cales van pasando para o cope onde son retidos.
Cando o mariscador o vesa necesario, vira do cable que vai enganchado o rastro, por medio dunha pequena maquinilla da que está provista a embarcación metendo así, a arte a bordo, unha vez a bordo retira as capturas, larga de novo a arte o mar repetindo a mesma
operación.




Rastro da navalla
Emprégase para a captura da navalla,utilizándose da mesma maneira que o rastro davieira; diferenciasedo rastro da vieira no seu tamaño máis pequeno e na lonxitude dosdentes que son máis longos



Endeño remolcado
Coñecido tamén como “Can da ameixa” é practicamente o mesmo que as artes antes mencionadas. Só esta autorizado para a captura da   ameixa rubia.



Rastro do camarón
Arte do mesmo deseño que as anteriores pero máis grande nas dimensións e desprovista de dentes. Como o seu nome di, emprégase na captura do camarón.





MARISQUEO A FLOTE


O marisqueo a flote é o que se leva a cabo desde a embarcación.
As artes empregadas nesta modalidade de marisqueo encóntranse
regulamentadas tanto no referente ás medidas dos seus compoñentes
como a súa tracción que pode ser manual ou mecánica.

ARTES DE TRACCIÓN MANUAL

• Rastros ou angazos.

• Raño.

• Gancha.



Os rastros ou angazos, os raños e as ganchas son artes no que
está prohibido usar aparellos mecánicos para os traballos de arrastre
sobre o fondo e tampouco poderán ser remolcados pola embarcación,
polo que o seu emprego é exclusivamente manual.
Estas artes utilízanse en augas pouco profundas e as especies que
se capturan con elas son principalmente o berberecho, ameixa e
bivalvos de aspecto similar a esta.


• Rastro ou angazo
Emprégase dende a embarcación (bote, chalana) para a captura de
berberecho, ameixa e similares. Debido ó esforzo que se require para o
manexo desta arte, o seu emprego e bastante limitado.Como esta provista
dunha vara ou mango de 8a 9 metros, o mariscador alanza a auga a unha
distancia da embarcaciónsegundo sexa o longo domango, seguidamente vai
traendo a arte cara si arrastrándoa polo fondo,enchendo o cope de substrato e moluscos. Cando ten a arte a altura da embarcación a mete a bordo polo que nese intre o substrato vai caendo o mar e os moluscos quedan retidos no cope.



Raño e gancha
Artes empregadas especialmente para a captura da ameixa, relo,
chirla etc, a forma de utiliza-las é o mesmo que para o angazo pero coa
diferencia de que son máis lixeiras e requiren menos esforzo, ademais o
cope é feito de varelas metálicas e non de rede como no angazo