Mediomundo
Arte en desuso,empregada para a captura depións, fanecas, xurelos
cancrexos etc, previo engado da mesma.
Trueiro
Esta formado por un aro metálico o que se lle engade un cope de rede e unha varade lonxitude axeitada para manexalo.
Emprégase na captura do camarón, choco e ourizo.
Espello ou mirafondos
Consta dunha caixa de madeira sen bases, na que unha delas vai
provista dun cristal. Ó colocalo sobre a superficie da auga permite unha
visión clara do fondo ata uns 3 metros aproximadamente. Emprégase na
captura da centola e ourizo.
Bicheiro
É un instrumento de material metálico que segundo a especie que
se pretenda capturar, este adopta varias formas, sendo a forma máis
xeneralizada a que acaba en punta de media frecha; esta provisto dun
mango de lonxitude axeitada segundo a profundidade a que se traballe.
Utilízase enganchando ou ensartando a arte no corpo do animal que se
vai a capturar.
Úsanse a pé ou dende unha pequena embarcación para capturar especies que viven nas fendas (polbos,ourizos..).
Francada
Arte empregada para a pescade peixes planos como o linguado,rodaballo e tamén chocos, anguíasetc. É un arte sinxela e utilízase da mesma maneira que o bicheiro.
Femieiro
Nome querecibe esta modalidade de pesca, a cal consiste en atar varias femias de xiba vivas a un extremo dunha sedela pola parte traseira e lanzalas a auga, atando o outro extremo a unha vara que leva atravesada por encima da borda a embarcación.
As femias unha vez no fondo fan de reclamo dos machos, estes se
En esta modalidade de pesca, o pescador ten que facer uso do espello para poder ver o fondo e manexar axeitadamente o bicheiro ou o trueiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario