- Fouciño
Con este tipo de arte o mariscador recolle a ameixa unha a unha, xa que ten que introduci-la arte polo burato que deixa a ameixana area e logo de darlle unpequeno xiro a arte tira cara arribalevantando a area e deixando aameixa a descuberto.Mariscar con este tipo de arterequire ter que percorrer a praiaburato por burato.Tanto o sacho, fouciño e o angazo son artes procedentes dointerior e propios do campo.
Fisga
Para a utilizacióndesta arte requírese moita destreza por parte do mariscador, e só sirve para a capturada navalla eongueirón; estemolusco cando estasoterrado na area tenas valvas abertas edeixa un burato na
area por onde saca os sifóns para poder alimentarse cando a marea
cubre a praia.
O mariscador o atopar un burato destes mete de súpeto a fisga
polo burato, a cal entra polo medio das dúas valvas, o molusco o sentir o
contacto da varela pecha as valvas rapidamente facendo presión sobre a
varela, momento que aproveita o mariscador de tirar da fisga para arriba
deixando o molusco a descuberto. Pode ser que o molusco faga pouca
presión cando pecha as conchas e escorra pola varela no momento de
tirar cara arriba, pero o chegchegar a parte máis grosa da varela esta lle
impide seguir esvarando.
Rasqueta ou raspa
Esta arte é empregada para a capturado percebe e o mexillón que se atopa nas rochas, é un arte sinxela que esta formada por un mango de madeira e unha platina trapezoidal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario