miércoles, 10 de abril de 2013

NASAS


As nasas son artes de fondo (trampas) que se empregan para a
captura de peixes e crustáceos, poden ser feitas de madeira, vime ou
metal e recubertas de rede.
Están provistas dunha, ou máis aberturas ou bocas, estas son de
forma de funil co fin de favorece-la entrada e dificulta-la saída, sendo a
boca máis pequena a que da ó interior da nasa. Ademais destas
aberturas levan outra que sempre esta pechada e ábrese soamente para
quita-los peixes ou crustáceos que entraron na nasa.


DIFERENTES TIPOS DE NASAS

-Nasa da nécora
Segundo sexa a aberturada boca e o tamaño deste tipo de nasa, emprégase para a capturada nécora, polbo, lumbrigantes, lagosta, centola e ata incluso
camarón.


Nasa do camarón
Como o seu nome indica emprégase para a captura do camarón, e tamén para a nécora,o lastre neste tipo de nasa vai colocado no interior o lado da entrada, o que fai que esta quede deitada no fondo cando e largada o mar.
Nasa da lagosta
Captura lagosta e tamén é empregada para a captura do choco, o que para chamar a atencióndeste cefalópodo se introducen ramas dentro da nasa quel le serven de refuxio a especie.
As ramas levan adheridas millares, que unha vez utilizadas deben
ser devoltas ó mar.



Nasa do polbo aberta
O polbo soe agocharse dentro de calquera escondite que encontra, e se esta cebado con algún tipo de peixe moito mellor, iso soea contecer con esta nasa, á cal dótase con un cebo de reclamo.
Os pescadores non soen empregar este tipo de nasa porque cando comezan a tirar do cabo para iza-las a bordo o polbo escapa, só algún despistado é capturado.




Nasa fanequeira
É unha nasa de dimensións considerable, e non só captura fanecas senon tamén unha ampla variedade de outros peixes. Lárganse ó mar en zonas de rochas onde soe haber faneca.





ARTES DE TRACCIÓN MECÁNICA


As artes remolcadas e autorizadas en Galicia para o emprego do marisqueo son:

• Rastro da vieira.

• Rastro da navalla.

• Endeño remolcado
.
• Rastro de camarón.

Este tipo de artes empréganse en augas máis profundas que as de
tracción manual, denomínanse remolcados porque, debido o seu deseño,
peso e tamaño son remolcadas pola embarcación, polo tanto a súa
tracción é mecánica.


Rastro da vieira
Como o seu nome indica emprégase na captura da vieira, e tamén na da
zamburiña, volandeira e ostra;é remolcada polaembarcación arrastrándoa polo fondo removendo o substrato coa ringleira de dentes que esta posúe e levantando así a posibles vieiras eostras que encontre o seu paso, as cales van pasando para o cope onde son retidos.
Cando o mariscador o vesa necesario, vira do cable que vai enganchado o rastro, por medio dunha pequena maquinilla da que está provista a embarcación metendo así, a arte a bordo, unha vez a bordo retira as capturas, larga de novo a arte o mar repetindo a mesma
operación.




Rastro da navalla
Emprégase para a captura da navalla,utilizándose da mesma maneira que o rastro davieira; diferenciasedo rastro da vieira no seu tamaño máis pequeno e na lonxitude dosdentes que son máis longos



Endeño remolcado
Coñecido tamén como “Can da ameixa” é practicamente o mesmo que as artes antes mencionadas. Só esta autorizado para a captura da   ameixa rubia.



Rastro do camarón
Arte do mesmo deseño que as anteriores pero máis grande nas dimensións e desprovista de dentes. Como o seu nome di, emprégase na captura do camarón.





MARISQUEO A FLOTE


O marisqueo a flote é o que se leva a cabo desde a embarcación.
As artes empregadas nesta modalidade de marisqueo encóntranse
regulamentadas tanto no referente ás medidas dos seus compoñentes
como a súa tracción que pode ser manual ou mecánica.

ARTES DE TRACCIÓN MANUAL

• Rastros ou angazos.

• Raño.

• Gancha.



Os rastros ou angazos, os raños e as ganchas son artes no que
está prohibido usar aparellos mecánicos para os traballos de arrastre
sobre o fondo e tampouco poderán ser remolcados pola embarcación,
polo que o seu emprego é exclusivamente manual.
Estas artes utilízanse en augas pouco profundas e as especies que
se capturan con elas son principalmente o berberecho, ameixa e
bivalvos de aspecto similar a esta.


• Rastro ou angazo
Emprégase dende a embarcación (bote, chalana) para a captura de
berberecho, ameixa e similares. Debido ó esforzo que se require para o
manexo desta arte, o seu emprego e bastante limitado.Como esta provista
dunha vara ou mango de 8a 9 metros, o mariscador alanza a auga a unha
distancia da embarcaciónsegundo sexa o longo domango, seguidamente vai
traendo a arte cara si arrastrándoa polo fondo,enchendo o cope de substrato e moluscos. Cando ten a arte a altura da embarcación a mete a bordo polo que nese intre o substrato vai caendo o mar e os moluscos quedan retidos no cope.



Raño e gancha
Artes empregadas especialmente para a captura da ameixa, relo,
chirla etc, a forma de utiliza-las é o mesmo que para o angazo pero coa
diferencia de que son máis lixeiras e requiren menos esforzo, ademais o
cope é feito de varelas metálicas e non de rede como no angazo











martes, 9 de abril de 2013

Fouciño , fisga e rasqueta

- Fouciño

Con este tipo de arte o mariscador recolle a ameixa unha a unha, xa que ten que introduci-la arte polo burato que deixa a ameixana area e logo de darlle unpequeno xiro a arte tira cara arribalevantando a area e deixando aameixa a descuberto.Mariscar con este tipo de arterequire ter que percorrer a praiaburato por burato.Tanto o sacho, fouciño e o angazo son artes procedentes dointerior e propios do campo.



Fisga
Para a utilizacióndesta arte requírese moita destreza por parte do mariscador, e só sirve para a capturada navalla eongueirón; estemolusco cando estasoterrado na area tenas valvas abertas edeixa un burato na
area por onde saca os sifóns para poder alimentarse cando a marea
cubre a praia.
O mariscador o atopar un burato destes mete de súpeto a fisga
polo burato, a cal entra polo medio das dúas valvas, o molusco o sentir o
contacto da varela pecha as valvas rapidamente facendo presión sobre a
varela, momento que aproveita o mariscador de tirar da fisga para arriba
deixando o molusco a descuberto. Pode ser que o molusco faga pouca
presión cando pecha as conchas e escorra pola varela no momento de
tirar cara arriba, pero o chegchegar a parte máis grosa da varela esta lle
impide seguir esvarando.


Rasqueta ou raspa
Esta arte é empregada para a capturado percebe e o mexillón que se atopa nas rochas, é un arte sinxela que esta formada por un mango de madeira e unha platina trapezoidal.





 Forquita
Tamén utilizada para a captura do ourizo, consta de un mango de
madeira unido a unha platina metálica con dous ou tres dentes
lixeiramente curvados.


MARISQUEO A PÉ: sacho , anganzo


- MARISQUEO A PÉ
O marisqueo a pé é o que se exerce nas praias e nas rochas, sendo
as especies que se capturan deste xeito a ameixa, berberecho, percebe,
mexillón, navalla etc.
As artes empregadas nesta modalidade son moi sinxelas e
algunhas delas proceden do interior sendo tradicionalmente usadas nas
labores do campo, estas son as seguintes:


Sacho




É unha das artes máisusadas no marisqueo a pé, aíndaque sufriu bastantes
modificacións dependendo decada porto, o deseño ven a sersemellante en todos eles; é utilizado polos mariscadores na recolleita da ameixa, chirla, relo
etc. estes cravan o sacho na area removéndoa e deixando os moluscos a descuberto.








Angazo
Arte que se utiliza removendo a area para deixar a descuberto o berberecho

ameixa,



 carneiro ,


 coquina 




2.- ARTES EMPREGADAS NO MARISQUEO



Desde hai anos se veñen empregando en galicia artes de pesca,
que segundo a captura da especie a que vai dirixida, estas adoptan
distintas formas; así mesmo o longo dos anos todas elas sufriron
variacións no seu deseño adaptándose ás necesidades e forma de
traballo actual.






de Galicia a variedade de artes dedicadas a captura dunha mesma
especie teñen formas semellantes, polo que só farase referencia algunha
delas e as especies para as cales son utilizadas.


Destínguese dúas modalidades de marisqueo:


1.Marisqueo a pé.





2.Marisqueo a flote.