lunes, 8 de abril de 2013

O palangre

Dentro da modalidade do palangre podemos atopar :
-O palangre de fondo:

O palangre de fondo emprégase na captura de
peixes que viven nas proximidades do fondo
como poden se-la pescada, bertorella, mero,
congro, dourada etc.
-O palangre de superficie:

Emprégase na captura de especies peláxicas como o peixe espada, marraxos e atún.

 



-O palangrillo:É o mesmo que o palangre de fondo
pero de dimensións máis pequenas, emprégase na pesca artesanal na captura de peixes como ollomoles, congros, abadexos, robalizas,
dentóns, rodaballos etc.


Embarcación largando palangre:

Qué tipos de artes de pesca podemos atopar ?


ARTES E APARELLOS DE ANZOL






Son aparellos de anzol os formados por cabos de fibra e anzois dos cales distínguense as modalidades de:


LIÑA
A liña esta formada por un cabo principal que recibe o nome de liña propiamente dito ou sedala, a cal úneselle un ou varios anzois e un chumbo para asegura-la inmersión dos anzois.
As formas de armar unha liña son moi diversas, desde as 
empregadas para a pesca manual







, ata as empregadas para a pesca con
currican.


Curricans
Os curricans traballan á cacea, que o
mesmo que dicir que son remolcados pola
embarcación; esta modalidade de pesca
emprégase para a captura de túnidos e onde
os anzois poden ir cebados con cebo natural
ou artificial




Que son as artes de pesca?

Pois son as diferentes técnicas que utilizamos para pescar