miércoles, 10 de abril de 2013

NASAS


As nasas son artes de fondo (trampas) que se empregan para a
captura de peixes e crustáceos, poden ser feitas de madeira, vime ou
metal e recubertas de rede.
Están provistas dunha, ou máis aberturas ou bocas, estas son de
forma de funil co fin de favorece-la entrada e dificulta-la saída, sendo a
boca máis pequena a que da ó interior da nasa. Ademais destas
aberturas levan outra que sempre esta pechada e ábrese soamente para
quita-los peixes ou crustáceos que entraron na nasa.


DIFERENTES TIPOS DE NASAS

-Nasa da nécora
Segundo sexa a aberturada boca e o tamaño deste tipo de nasa, emprégase para a capturada nécora, polbo, lumbrigantes, lagosta, centola e ata incluso
camarón.


Nasa do camarón
Como o seu nome indica emprégase para a captura do camarón, e tamén para a nécora,o lastre neste tipo de nasa vai colocado no interior o lado da entrada, o que fai que esta quede deitada no fondo cando e largada o mar.
Nasa da lagosta
Captura lagosta e tamén é empregada para a captura do choco, o que para chamar a atencióndeste cefalópodo se introducen ramas dentro da nasa quel le serven de refuxio a especie.
As ramas levan adheridas millares, que unha vez utilizadas deben
ser devoltas ó mar.



Nasa do polbo aberta
O polbo soe agocharse dentro de calquera escondite que encontra, e se esta cebado con algún tipo de peixe moito mellor, iso soea contecer con esta nasa, á cal dótase con un cebo de reclamo.
Os pescadores non soen empregar este tipo de nasa porque cando comezan a tirar do cabo para iza-las a bordo o polbo escapa, só algún despistado é capturado.




Nasa fanequeira
É unha nasa de dimensións considerable, e non só captura fanecas senon tamén unha ampla variedade de outros peixes. Lárganse ó mar en zonas de rochas onde soe haber faneca.





ARTES DE TRACCIÓN MECÁNICA


As artes remolcadas e autorizadas en Galicia para o emprego do marisqueo son:

• Rastro da vieira.

• Rastro da navalla.

• Endeño remolcado
.
• Rastro de camarón.

Este tipo de artes empréganse en augas máis profundas que as de
tracción manual, denomínanse remolcados porque, debido o seu deseño,
peso e tamaño son remolcadas pola embarcación, polo tanto a súa
tracción é mecánica.


Rastro da vieira
Como o seu nome indica emprégase na captura da vieira, e tamén na da
zamburiña, volandeira e ostra;é remolcada polaembarcación arrastrándoa polo fondo removendo o substrato coa ringleira de dentes que esta posúe e levantando así a posibles vieiras eostras que encontre o seu paso, as cales van pasando para o cope onde son retidos.
Cando o mariscador o vesa necesario, vira do cable que vai enganchado o rastro, por medio dunha pequena maquinilla da que está provista a embarcación metendo así, a arte a bordo, unha vez a bordo retira as capturas, larga de novo a arte o mar repetindo a mesma
operación.




Rastro da navalla
Emprégase para a captura da navalla,utilizándose da mesma maneira que o rastro davieira; diferenciasedo rastro da vieira no seu tamaño máis pequeno e na lonxitude dosdentes que son máis longos



Endeño remolcado
Coñecido tamén como “Can da ameixa” é practicamente o mesmo que as artes antes mencionadas. Só esta autorizado para a captura da   ameixa rubia.



Rastro do camarón
Arte do mesmo deseño que as anteriores pero máis grande nas dimensións e desprovista de dentes. Como o seu nome di, emprégase na captura do camarón.





MARISQUEO A FLOTE


O marisqueo a flote é o que se leva a cabo desde a embarcación.
As artes empregadas nesta modalidade de marisqueo encóntranse
regulamentadas tanto no referente ás medidas dos seus compoñentes
como a súa tracción que pode ser manual ou mecánica.

ARTES DE TRACCIÓN MANUAL

• Rastros ou angazos.

• Raño.

• Gancha.



Os rastros ou angazos, os raños e as ganchas son artes no que
está prohibido usar aparellos mecánicos para os traballos de arrastre
sobre o fondo e tampouco poderán ser remolcados pola embarcación,
polo que o seu emprego é exclusivamente manual.
Estas artes utilízanse en augas pouco profundas e as especies que
se capturan con elas son principalmente o berberecho, ameixa e
bivalvos de aspecto similar a esta.


• Rastro ou angazo
Emprégase dende a embarcación (bote, chalana) para a captura de
berberecho, ameixa e similares. Debido ó esforzo que se require para o
manexo desta arte, o seu emprego e bastante limitado.Como esta provista
dunha vara ou mango de 8a 9 metros, o mariscador alanza a auga a unha
distancia da embarcaciónsegundo sexa o longo domango, seguidamente vai
traendo a arte cara si arrastrándoa polo fondo,enchendo o cope de substrato e moluscos. Cando ten a arte a altura da embarcación a mete a bordo polo que nese intre o substrato vai caendo o mar e os moluscos quedan retidos no cope.



Raño e gancha
Artes empregadas especialmente para a captura da ameixa, relo,
chirla etc, a forma de utiliza-las é o mesmo que para o angazo pero coa
diferencia de que son máis lixeiras e requiren menos esforzo, ademais o
cope é feito de varelas metálicas e non de rede como no angazo