viernes, 12 de abril de 2013

ARTES DE ENMALLE


As artes de enmalle son aquelas que se calan verticalmente  formando unha parede que obstaculiza o paso das especies mariñas, quedando estas embolsadas ou atrapadas nas mallas das redes o intentar atravesalas.
Estas artes están compostas de dúas trallas ou relingas, unha superior provista de flotadores e outra inferior convenientemente lastrada
con chumbos, podendo esta estar apoiada no fondo ou non segundo a
especie que se pretenda capturar.
Estas artes poden ser fixas ou de deriva, as fixas están suxeitas o
fondo por medio de rizóns ou pedras, e as de deriva só están suxeitas a
embarcación.

-ARTES DE ENMALLE FIXA

• Rascos
• Volantas
• Betas
• Trasmallos



Rascos
Arte dun sópano de rede que dependendo do tipo de especie a cal vai destinada, o panode rede pode ser de fío de nailon ou de tanza.
O pano con fío de nailon emprégase para a captura de boi, lagosta, centola etc. E o pano con fío de tanza para captura de peixes.
Esta arte tamén recibe o nome de raeira, rascas e rasquiños
podes velo aquí :http://www.maestropescador.com/Arte_pesca/lasartesdepesca/RASCO.html


Volanta
Arte fixo dunsó pano de redeque se cala nofondo, e quedependendo do
tamaño da malla esta pode capturar pescada, sarda, xurelo, pancha etc.
Segundo o número de pezas de que estea composta, esta arte pode chegar a medir ata 8 km de lonxitude ou máis.
En pesca de altura emprégase tamén como arte de deriva

Beta

Arte de fondo fixo e de similares características cá volanta, pero de dimensións máis pequena, segundo a zona onde sexa calada e a data do ano; emprégase na captura de fanecas, meiga, sargos pescada,abadexo, raia etc. É dun só pano de rede montado moi frouxo para que forme ondulacións co fin de que os peixes enmallen mellor.




Trasmallo
Este tipo dearte esta formadapor tres panos drede de cor vermella para oseu mellor camuflaxe entre as pedras, os panos exteriores son de mallas grandes e o interior de malla máis pequena, van armados en conxunto sobre dúas trallas, a superior ou de cortizos e a inferior ou de chumbos.
É un arte fixa de fondo que se cala rodeando as rochas e entre algas, en profundidades que van desde os 2 metros ata os 30 metros.

As especies que se capturan con este arte son moi variadas; unha
das especies que máis se pescan cos trasmallos son os serretes ou
vellos ademais de centolas, bois , nécoras, polbo. maragotas, pintos,
xurelos, raias etc.
O trasmallo é unha arte na que pode quedar atrapada todo tipo de
especies, polo tanto non é en absoluto selectiva.





Miño

O miño é un arte semellante o trasmallo, coa diferencia de que a lonxitude é menor e o fío empregado na súa construcción é máis resistente así como as mallas e altura do mesmo que son máis grandes. Cálase en fondos limpos e a máis profundidade que o trasmallo, é máis eficaz na captura de peixes planos e marisco.


-ARTES DE ENMALLE DE DERIVA

Xeito
Arte de deriva formada porun só pano de redemontado como as artes anteriores sobre dúas trallas(cortizos e chumbos),emprégase na captura de boquerón sardiña xurelo e trancho.Este arte cálase na superficie ou a profundidade variable, estando suxeita por un extremo a embarcación e polo outro a unha boia,quedando todo o conxunto a deriva.













No hay comentarios:

Publicar un comentario